O PP destaca a súa iniciativa  para que a nova Comisaría de Lugo sexa unha realidade  e lembra que segue traballando polo compromiso de levar  esta dotación á zona norte

por Redacción Lugo

Tras manter conversas co Sindicato Unificado da Policía Nacional se confirma que a proposta do Ministerio do Interior para construír a nova Comisaría da Policía Nacional é ubicala no barrio de Abella quedando descartadas as outras dúas alternativas: unha parcela de O Castiñeiro e o edificio de obras públicas.

O Partido Popular levará ao vindeiro pleno unha pregunta para clarificar onde decidiu o goberno de Sánchez construír a nova Comisaría da Policía Nacional.

Os populares piden concreción sobre a ubicación lembrando que xa pasaron máis de dous meses da visita realizada polos técnicos do Ministerio para analizar as tres alternativas que había sobre a mesa: o edificio de obras públicas ou as parcelas municipais do Castiñeiro ou Abella.

Se houbera unha vontade real e se para o goberno local fose unha prioridade que Lugo teña unha nova Comisaría debería estar xa tramitando a cesión da parcela municipal seleccionada.

Os populares, dende o primeiro momento, amosaron a súa predisposición a calquera alternativa sempre que fose áxil a construción e cubrise tanto as necesidades da ciudadanía como dos axentes da policía, tal e como explicaron no pleno de novembro de 2023 na iniciativa que defenderon no pleno.

Hai que lembrar que a proposta que presentou o PP en pleno con varias ubicacións para construír a nova comisaría foi fundamental para conseguir que o goberno  local asumira o compromiso de construír esta dotación na zona norte.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario