Elena Candia: “PSOE e BNG non consideran urxente a aprobación do PXOM”

por Redacción Lugo

Logo de coñecer que o Presidente da CHMS declarou nos medios de comunicación que «as cuestións técnicas a subsanar no Plan Xeral podían resolverse con traballo e con vontade política» e coincidindo coa súa interpretación presentamos unha proposición de urxencia para resolver este asunto tan importante para Lugo.

As expresións de «dame moita risa» empregadas constantemente  polo goberno local cando se referían ao PXOM «deixannos fondamente preocupados» polo que «pedimos seriedade e rigor para un asunto de tanta trascendencia para o futuro da cidade».

 O Grupo Municipal do PP quere deixar claro que co Plan Xeral «no debe haber debate político» e como sempre fixo «ofrece os seus 12 concellais para ser parte da solución» subliñando que «para elo temos que ter información».

Os populares consideran «inexplicable» que despois de pedir unha xunta de voceiros hai cinco días «ainda hoxe, a alcaldesa, non tivera un oco na súa axenda (recoñeceuno públicamente no pleno) para dedicarlle uns minutos para un asunto clave».

«O feito de impedir inxustificadamente o debate, adoptando actitudes dictatoriais fainos sospeitar que detrás desta censura se atopen as lirotas internas do PSOE e a súa mala relación coa Confederación».

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment