A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do Breason que se celebra o 4 de novembro en Mondoñed
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Cultural Xoldra na organización do festival, con actuacións de Catuxa Salom, Grande Osso, Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore) e The Skarnivals.
Iria Castro expresou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego, como reflicte o cartel desta segunda edición que reúne algunhas das bandas e artistas máis recoñecidos da música en galego actual”.
Os concertos celebraranse na Praza da Catedral, con entrada de balde. O programa comeza cunha “sesión vermú” con Catuxa Salom e Grande Osso, acompañada dunha degustación de conservas e vermú e de xogos populares -desde as 12.30 horas – e continúa de tarde, co resto do concertos, a partir das 21.30 horas–. Durante a tarde, haberá un magosto popular. Habilitarase unha zona de “acampada interior” na área deportiva Viñas da Veiga.