Con estes fondos os concellos financian este ano preto de 400 obras na provincia este ano, numerosos servizos públicos esenciais e políticas sociais
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade a última achega adicional de 25 millóns de euros para o Plan Único (POS+2023).
Con esta derradeira partida, o Plan Único alcanza este ano 2023 un orzamento total de 88.568.408 euros. A Deputación asigna os fondos que corresponden a cada un dos 93 municipios da provincia en base a criterios obxectivos (poboación, superficie do concello, número de parroquias…), e son os propios concellos os que deciden o destino final dos fondos que poden destinarse a financiar obras, servizos públicos como recollida de lixo, alumeado público, limpeza viaria e de espazos públicos ou persoal de centros municipais. Unha parte dos fondos, 7 millóns de euros, destínanse tamén a financiar o mantemento de políticas e axudas sociais dos municipios.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia do Plan Único para que os concellos, especialmente aqueles máis pequenos e rurais, podan ofrecer servizos públicos de calidade e financiar obras que permitan fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza. “A creación do Plan Único supuxo multiplicar por catro o investimento que a Deputación realiza nos concellos. Hoxe máis de 3.900 obras e unha parte importante dos servizos municipais dos que gozan os cidadáns contan co apoio económico da Deputación”, destacou o presidente.
Cun orzamento que representa cada ano arredor de 90 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento anual inicial da institución, o Plan Único da Deputación da Coruña é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España.
A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey, pola súa parte, sinalou a función dos máis de 25 millons aprobados nesta segunda fase do POS adicional para os concellos, “dos cales, máis de 17 puideron destinalos a sufragar o gasto corrente”. Deste xeito, “non so permite investimentos importantes, senon que tamén lles axuda co incremento inasumible en moitos casos destes gastos”.
3.920 obras na provincia
Con cargo ao Plan Único, os concellos coruñeses financiaron nos últimos anos 3.920 obras, das que case 400 corresponden á anualidade de 2023. Trátase dun volumen moi importante de obra pública que contribúe tanto á creación de emprego e actividade económica como á modernización e mellora das infraestruturas municipais.
Nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, o Plan Único inviste este ano 18,6 millóns euros e financia 67 obras; en Ferrolterra-Ortegal suma 16,9 millóns e 89 obras; na área de Compostela 119 obras e máis de 26 millóns de investimento; maís de 15,2 millóns en Bergantiños-Costa da Morte con 74 obras e 47 na comarca de Barbanza, onde suma un investimento total de 11,5 millóns de euros.
A Deputación insta á Xunta reducir a menos de dous meses os permisos sectorais que ralentizan a execución de obras
O pleno da Deputación da Coruña aprobou tamén unha moción presentada por PSOE e BNG instando á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación dos permisos sectoriais por parte das consellerías responsables a un máximo de dous meses, co fin de facilitar a execución de melloras e investimentos na rede provincial de estradas.
Moitas das obras programadas nos máis de 2.000 quilómetros de estradas dependen das autorizacións de distintos departamentos dependentes da Xunta que se demoran durante prazos demasiado longos de tempo debido a estes trámites burocráticos.
No texto aprobado hoxe cítase, por exemplo, que o 80% das autorizacións que dependen de Augas de Galicia demóranse unha media de 409 días, o que supón máis de un ano agardando por un trámite. Situacións similares sucenden coas autorizacións necesarias de Patrimonio, a Axencia Galega de Infraestruturas ou Medio Ambiente, dependentes da administración autonómica.
INVESTIMENTO DO PLAN ÚNICO (POS+ 2023) POR CONCELLOS E COMARCAS
Plan Único 2023 | |||
Comarca da Coruña | |||
Concello | Obras e gasto corrente | Gasto social | Total POS+2023 |
(A) | (B) | (A+B) | |
Abegondo | 849.560,55 | 76.422,52 | 925.983,07 |
Aranga | 691.449,80 | 61.583,36 | 753.033,16 |
Arteixo | 2.019.718,30 | 170.180,98 | 2.189.899,28 |
Bergondo | 618.106,11 | 55.882,47 | 673.988,58 |
Betanzos | 1.068.444,44 | 70.149,17 | 1.138.593,61 |
Cambre | 1.372.548,76 | 120.970,38 | 1.493.519,14 |
Carral | 639.532,94 | 56.968,65 | 696.501,59 |
Coirós | 390.584,24 | 34.801,38 | 425.385,62 |
Coruña (A) | 333.130,41 | 29.271,08 | 362.401,49 |
Culleredo | 1.831.093,16 | 148.165,54 | 1.979.258,70 |
Curtis | 741.813,80 | 65.975,59 | 807.789,39 |
Irixoa | 546.601,96 | 43.407,71 | 590.009,67 |
Miño | 629.510,32 | 53.694,51 | 683.204,83 |
Oleiros | 1.783.442,64 | 161.239,60 | 1.944.682,24 |
Oza-Cesuras | 1.222.887,45 | 109.783,27 | 1.332.670,72 |
Paderne | 454.747,86 | 40.720,07 | 495.467,93 |
Sada | 992.457,77 | 83.835,85 | 1.076.293,62 |
Sobrado | 735.053,61 | 65.907,18 | 800.960,79 |
Vilasantar | 457.316,97 | 40.988,08 | 498.305,05 |
TOTAL | 17.378.001,09 | 1.489.947,39 | 18.867.948,48 |
Plan Único 2023 | |||
Comarca Ferrolterra-Ortegal | |||
Concello | Obras e gasto corrente | Gasto social | Total POS+2023 |
(A) | (B) | (A+B) | |
Ares | 511.744,13 | 41.796,06 | 553.540,19 |
Cabanas | 463.775,96 | 40.058,87 | 503.834,83 |
Capela (A) | 431.945,90 | 36.114,81 | 468.060,71 |
Cariño | 480.767,33 | 43.465,78 | 524.233,11 |
Cedeira | 772.423,91 | 68.099,97 | 840.523,88 |
Cerdido | 382.463,31 | 33.372,18 | 415.835,49 |
Fene | 829.281,32 | 72.534,08 | 901.815,40 |
Ferrol | 767.038,77 | 56.922,63 | 823.961,40 |
Mañón | 540.341,29 | 47.237,76 | 587.579,05 |
Moeche | 412.540,14 | 35.557,34 | 448.097,48 |
Monfero | 916.935,69 | 78.472,84 | 995.408,53 |
Mugardos | 472.911,63 | 41.162,43 | 514.074,06 |
Narón | 2.042.363,23 | 173.029,90 | 2.215.393,13 |
Neda | 451.715,24 | 39.873,80 | 491.589,04 |
Ortigueira | 1.465.257,89 | 119.944,26 | 1.585.202,15 |
Pontedeume | 610.567,64 | 55.181,47 | 665.749,11 |
Pontes de Gª Rodríguez (As) | 1.629.754,08 | 145.427,52 | 1.775.181,60 |
San Sadurniño | 715.069,37 | 58.957,41 | 774.026,78 |
Somozas (As) | 562.989,16 | 48.079,91 | 611.069,07 |
Valdoviño | 772.213,55 | 69.750,19 | 841.963,74 |
Vilarmaior | 368.238,96 | 30.583,43 | 398.822,39 |
TOTAL | 15.600.338,50 | 1.335.622,64 | 16.935.961,14 |
Plan Único 2023 | |||
Comarca de Santiago | |||
Concello | Obras e gasto corrente | Gasto social | Total POS+2023 |
(A) | (B) | (A+B) | |
Ames | 1.912.809,44 | 157.314,02 | 2.070.123,46 |
Arzúa | 1.249.498,62 | 104.696,92 | 1.354.195,54 |
Baña (A) | 793.976,98 | 68.539,52 | 862.516,50 |
Boimorto | 640.963,29 | 56.841,35 | 697.804,64 |
Boqueixón | 719.416,84 | 63.058,52 | 782.475,36 |
Brión | 841.442,19 | 71.268,69 | 912.710,88 |
Dodro | 367.969,44 | 33.153,51 | 401.122,95 |
Frades | 629.072,46 | 56.358,06 | 685.430,52 |
Melide | 1.163.986,92 | 97.615,58 | 1.261.602,50 |
Mesía | 739.652,49 | 64.966,77 | 804.619,26 |
Negreira | 1.052.733,33 | 88.592,44 | 1.141.325,77 |
Ordes | 1.301.902,03 | 116.948,67 | 1.418.850,70 |
Oroso | 907.973,56 | 71.528,56 | 979.502,12 |
Padrón | 749.937,03 | 61.385,04 | 811.322,07 |
Pino (O) | 927.345,91 | 83.022,58 | 1.010.368,49 |
Rois | 760.838,77 | 68.471,06 | 829.309,83 |
Santa Comba | 1.397.493,35 | 126.346,23 | 1.523.839,58 |
Santiago de Compostela | 1.455.192,13 | 124.847,93 | 1.580.040,06 |
Santiso | 616.126,70 | 55.657,79 | 671.784,49 |
Teo | 1.369.876,03 | 113.612,80 | 1.483.488,83 |
Toques | 566.433,80 | 50.069,87 | 616.503,67 |
Tordoia | 780.245,73 | 70.388,18 | 850.633,91 |
Touro | 878.157,87 | 79.206,87 | 957.364,74 |
Trazo | 703.217,64 | 63.577,33 | 766.794,97 |
Val do Dubra | 775.054,81 | 70.072,07 | 845.126,88 |
Vedra | 642.672,00 | 57.730,64 | 700.402,64 |
TOTAL | 23.943.989,36 | 2.075.271,00 | 26.019.260,36 |
Plan Único 2023 | |||
Comarca de Bergantiños-Costa da Morte | |||
Concello | Obras e gasto corrente | Gasto social | Total POS+ 2023 |
(A) | (B) | (A+B) | |
Cabana de Bergantiños | 741.785,18 | 66.868,55 | 808.653,73 |
Camariñas | 555.446,10 | 49.873,87 | 605.319,97 |
Carballo | 2.235.350,32 | 195.871,55 | 2.431.221,87 |
Cee | 718.589,07 | 61.668,93 | 780.258,00 |
Cerceda | 828.273,42 | 73.788,40 | 902.061,82 |
Corcubión | 226.509,92 | 20.412,31 | 246.922,23 |
Coristanco | 1.023.807,94 | 92.561,64 | 1.116.369,58 |
Dumbría | 834.350,73 | 69.450,24 | 903.800,97 |
Fisterra | 438.682,07 | 39.660,89 | 478.342,96 |
Laxe | 461.970,13 | 39.229,48 | 501.199,61 |
Laracha (A) | 1.209.098,47 | 103.026,34 | 1.312.124,81 |
Malpica de Bergantiños | 831.142,78 | 56.813,52 | 887.956,30 |
Muxía | 909.440,47 | 79.638,05 | 989.078,52 |
Ponteceso | 820.622,36 | 74.191,80 | 894.814,16 |
Vimianzo | 1.216.563,86 | 108.092,52 | 1.324.656,38 |
Zas | 959.289,27 | 85.469,94 | 1.044.759,21 |
TOTAL | 14.010.922,09 | 1.216.618,03 | 15.227.540,12 |
Plan Único 2023 | |||
Comarca do Barbanza | |||
Concello | Obras e gasto corrente | Gasto social | Total POS+ 2023 |
(A) | (B) | (A+B) | |
Boiro | 1.282.109,63 | 111.152,04 | 1.393.261,67 |
Carnota | 601.988,75 | 51.683,64 | 653.672,39 |
Lousame | 669.840,11 | 57.551,59 | 727.391,70 |
Mazaricos | 1.057.910,25 | 95.262,72 | 1.153.172,97 |
Muros | 822.576,14 | 70.814,39 | 893.390,53 |
Noia | 857.593,95 | 76.415,63 | 934.009,58 |
Outes | 866.846,30 | 73.225,63 | 940.071,93 |
Pobra do Caramiñal (A) | 638.897,48 | 57.391,58 | 696.289,06 |
Porto do Son | 924.770,61 | 82.617,57 | 1.007.388,18 |
Rianxo | 810.476,49 | 72.804,36 | 883.280,85 |
Ribeira | 2.102.147,33 | 133.621,79 | 2.235.769,12 |
TOTAL | 10.635.157,04 | 882.540,94 | 11.517.697,98 |
RESUMO TOTAL DO POS+2023 | ||||
Comarcas | Total obras e gasto corrente | Total gasto social | Total POS+2023 | Núm. obras |
(A) | (B) | (A+B) | ||
Comarca da Coruña | 17.378.001,09 | 1.489.947,39 | 18.867.948,48 | 67 |
ComaracaFerrolterra-Ortegal | 15.600.338,50 | 1.335.622,64 | 16.935.961,14 | 89 |
Comarca de Santiago | 23.943.989,36 | 2.075.271,00 | 26.019.260,36 | 119 |
Comarca Bergantiños-Costa da Morte | 14.010.922,09 | 1.216.618,03 | 15.227.540,12 | 74 |
Comarca do Barbanza | 10.635.157,04 | 882.540,94 | 11.517.697,98 | 47 |
Total | 81.568.408,08 | 7.000.000,00 | 88.568.408,08 | 396 |