O Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta en Lugo tramitou en menos dun mes o proxecto da intermodal

por Redacción Lugo

Tivo entrada na Xunta o 29 de setembro, sométese hoxe á deliberación do Consello Territorial de Patrimonio Cultural e resolverase o vindeiro luns

O Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta en Lugo estudou e informou en menos dun mes o proxecto técnico de construción da nova estación de ferrocarril no marco da futura intermodal.

O proxecto, remitido por ADIF, tivo entrada no Servizo o pasado 29 de setembro e forma parte da orde do día do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo de hoxe, na primeira reunión deste organismo -fixadas unha vez ao mes- desde que se recibiu.

O Consello é un órgano consultivo que asesora á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural,  e será esta a encargada de emitir e notificar a súa resolución o vindeiro luns.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario