Consideran que a situación actual da autovía é consecuencia do abandono e de que o Executivo non está a ter capacidade de reacción para acometer de maneira urxente a restitución dos impactos derivados da caída do viaduto e dos desprendementos que se están a producir
● Candia advirte que «a situación é inxusta e inxustificable e, cos últimos acontecementos, é insostible. Se hai unha área gráfica da situación do Partido Socialista esa é nas infraestruturas da provincia. Cada vez temos menos seguridade», afirmou
● «Queremos unirnos al Partido Popular de Galicia. No queremos ni más parches ni remiendos; lo que queremos es una autovía de primera que no arrincone ni política ni socialmente a los leoneses ni a los gallegos», destacou Silvia Franco
● «Temos que esixirlle ao Estado, e así o fixo o outro día Ethel Vázquez, que poña enriba da mesa unha solución urxente. Fomos os primeiros en captar fondos europeos para garantir a seguridade e é algo que o Goberno non está a facer. Ninguén se podería imaxinar esta situación noutras comunidades autónomas», advertiu Diego Calvo
● Paco Conde: «Agardamos que non se utilice esta negociación do novo Executivo para facer unha discriminación positiva cara a outras Comunidades como Cataluña ou o País Vasco porque o equilibrio territorial é igual para todos os españois»