Os militantes e afiliados directos deberán respostar ‘si’, ‘non’ ou en branco á seguinte pregunta: ‘Apoias o acordo para formar un goberno de coalición con Sumar e lograr o apoio parlamentario doutras formacións políticas para acadar a maioría necesaria?’
Uns 400 militantes e simpatizantes directos da Agrupación Socialista e militantes das Xuventudes Socialistas de Pontevedra están chamados a participar desde hoxe na consulta sobre o acordo de goberno para España asinado hai uns días entre o PSOE e Sumar, así como sobre as negociacións con outros partidos para lograr a investidura de Pedro Sánchez como presidente. En concreto, os socialistas deberán respostar ‘si’, ‘non’ ou en branco á seguinte pregunta: ‘Apoias o acordo para formar un goberno de coalición con Sumar e lograr o apoio parlamentario doutras formacións políticas para acadar a maioría necesaria?’.
Tal e como explica o portavoz municipal do PSOE e secretario de Organización da Agrupación de Pontevedra, Iván Puentes, «existen dúas opcións para poder votar, presencialmente ou online, de acordo co seguinte procedemento: o voto dixital poderá emitirse até as 12:00 horas do venres 3 de novembro a través do portal da militancia (portal.psoe.es); mentres que para o voto presencial instalarase unha urna na sede da Agrupación (rúa Irmáns Nodales, 6) o sábado 4 de novembro en horario de 10:00 a 20:00 horas».
«O voto -matiza Puentes- será individual, directo e secreto, previa identificación con DNI, pasaporte, NIE con foto ou carné de conducir… Para votar online é preciso acceder ao Portal da Militancia co usuario e contrasinal e, unha vez dentro, seleccionar o apartado de ‘Consulta á militancia’, marcar o voto e pulsar en ‘Rexistrar’. Obviamente, cada persoa só pode votar unha vez (quen o faga online será eliminado do censo empregado para a votación presencial)».
Están entrenando esas juventudes socialistas porque el apoyo lo da Puigdemont a Sánchez .Así aprenden a colocar la papeleta que quiere el jefe en la urna.
Es absurdo teatralizar estas cosas cuando la decisión es directa del jefe de filas y toca aprovecharlo a todos los del PSOE
(juventudes incluídas)