O PP reclama o arranxo do patio e das pingueiras da aula de usos múltiples do Colexio da Ponte de Lugo

Unha gran porcentaxe do patio do Colexio da Ponte está inundado «e hai piscinas por toda a esplanada o que impide que se utilicen os bambáns e que a cativada poida xogar neste espazo»

O edil do PP de Lugo encargado da área de educación, Javier Vázquez, indicou que «ainda non empezaron as chuvieras fortes desta tempada e este é o estado no que nos atopamos nalgúns centros educativos da cidade» engadindo que «a falta de mantemento que é unha obriga do goberno local é a orixe de moitos dos problemas do día a día dos centros educativos».

Os populares tamén alertan de que hai pingueiras na aula de usos múltiples deste centro educativo e esixen «o arranxo inmediato» criticando que o goberno local «non fixeran en verán as obras necesarias para ter en perfecto estado de revista o centro para este curso escolar». Vázquez engadiu que «non poden alegar descoñecemento xa que estaban advertidos dende o Grupo Municipal destas problemáticas»

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios