O voceiro do PSdG de Rianxo, Óscar Rial, manifesta a postura do Grupo Municipal respecto a decisión de abandonar a Xunta de Goberno Local e a aclaración ó respecto das informacións sobre a aprobación das dedicacións exclusivas e parciais vertidas recentemente polo alcalde Xulián Bustelo e o seu partido Rianxo en Común
Dada a situación vivida estes últimos meses, onde as informacións de dubidosa veracidade vertidas dende o Grupo de Goberno encabezado por Xulián Bustelo, e dende o partido Político Rianxo en Común, ReC, este grupo Municipal, co respaldo da súa Agrupación Socialista de Rianxo, decide deixar a Xunta de Goberno Local, xa que consideramos “que nos debemos afastar destas situacións”.
Dimisión da Xunta de Goberno Local.
“Dicimos afastarnos desta proposta de co-goberno, e descargar a responsabilidade futura en ReC xa que a forma na que están Gobernando non nos representa nin nos identifica con isos procesos. Por iso como 1º paso dimitimos da Xunta de Goberno Local”
-Eliminarnos de actos Públicos Municipais (nos elimina literalmente das fotos do acto)
-A non convocarnos a reunións importantes para o beneficio de RIANXO
– A non informar dos procesos dos que despois votaremos en pleno (licitacións, presupostos, etc)
– Polo trato á veciñanza; POLA atención, polas respostas, polas actitudes. Non nos representan eses modelos de atención veciñal.
-A non deixarnos acceder a información, aspecto que xa foi recriminado e solicitando desculpas públicas, xa que vulnera a liberdade da oposición ó acceso a información e “saltándose o que expón os artigos 14-15 do ROF.
A non aprobación das dedicacións parciais.
O Voceiro do PSdeG insta a Xulián Bustelo a que negocie as propostas mediante unha valoración escrita e concreta xunto co resto de grupos políticos, nun acto de transparencia e de participación política, co fin de poder chegar a acordos e pechar a aprobación das dedicacións parciais pendentes.
“Rexeitamos calquera comunicación manipulada, co ánimo de xerar opinión NEGATIVA E FALSA. No pleno Ordinario aprobouse o salario, a dedicación exclusiva, que o Propio Alcalde tiña plantexado na súa moción e na proposta remitida a esta agrupación en Xullo, polo que é falso como afirmou“ aprobáronme o salario que quixeron”.
Todos queremos que se resolva esta cuestión e así sempre o manifestamos, pero para iso o remitimos a tres cuestión básicas:
– Estrutura organizativa de calidade: vemos como se suprimen áreas tan importantes como: medio rural, comunicación, márketing, seguridade, etc
– Estrutura salarial en base a responsabilidades, e non en base ó nº de ocupación na lista, e de ser así, o nº2 debe ter a responsabilidade máxima, con respecto ós seus compañeiros/as (neste intre a responsabilidade dende a nosa opinión recae no seu nº 4, Aberto Angueira). – Artigo 13. 4. Do ROF. Xulián sabe que quen debe aprobar estas dedicacións en base a responsabilidade que teñen as distintas áreas é o Pleno (ReC 5, PSdG 5, PP5, BNG 2)
– Comparativa salarial venta nosa en situación de Goberno de <Minoría>, Rianxo en Común decide facer comparativa Salarial con 2019 ( Goberno en maioría, e non facelo co Goberno en Minoría de 2015 goberno en minoría do BNG de 6 Concelleiros/as ( 1 máis que ReC), solo había 1 dedicación exclusiva de Adolfo Muíños 41.000€ e 2 dedicacións parciais de 19.000 € . Rianxo en Común propón con 5 representantes: 45.000€ para Xulián, 19.000€ para 1º e 2º Tenente Alcalde e 17.000€ para 4º Concelleiro
79.000€ de 2015 fronte a 100.000€ de 2019 : +25.000€. Polo que aforro non o vemos.
Aínda así este terceiro aspecto “non é determinante para nós. Queremos que o Concello funcione, e que o faga ben, con criterio”.
Este grupo Municipal tiña a ilusión de formar parte dun Goberno de Coalición, pero decidimos dar un paso ó lado derivado das accións do Goberno de Rianxo en Común dos últimos meses , pero sobre todo das últimas semanas, e descargar así en eles a responsabilidade de calquera decisión negociada futura .
Xulián quere impoñer o seu criterio a pesar de saber que necesita o apoio do Pleno para facelo, iso é o que amosou ás eleccións de 28M 2023: “que debemos chegar a acordos totais ou parciais”, e iso era xusto o que manifestaba Xulián Bustelo en diversos medios de comunicación “ReC indico que, con los resultados en la mano, no ten dúbida de que o seu candidato será investido alcalde” para encabezar un goberno máis forte e estable posible”. Y anuncia que fallarán con los outros partidos para buscar puntos de encontro y establecer una dinámica de traballo y diálogo para el próximo mandato.”
Non estamos enfadados, nin molestos, nin moito menos, “estamos decepcionados”. O noso cometido é sinxelo: queríamos traballar para que Rianxo progresara nun Goberno de Coalición para darlle a Estabilidade necesaria para avanzar de forma urxente nos proxectos nos que Rianxo debe ser pioneira, e vemos que esta liña choca de fronte coa posición actual do Goberno.
Unha negociación non será frutífera se non hai interese por ambas partes por chegar a un acordo, é dicir, se as dúas partes non están dispostas a conciliar ideas. Se a algunha das partes non lle interesa chegar a ningún tipo de acordo, non servirá de nada. O PSdeG estaba disposto a ceder por 2º vez na súa proposta (xa o fixemos antes do 13.07.2023 outorgando 123.000 para que se organizaran e Xulián Bustelo non quixo, alegando que eles son libres de facer a súa propia proposta e renegando a negociar unha semana antes do pleno)
Cando non sexa posible chegar a un acordo total, pódese chegar a acordos parciais. Pero sería recomendable que cando se cheguen a acordos específicos, todas as cláusulas sexan definidas por escrito para evitar problemas e desconfianzas. Xulián Bustelo: «imos ser xenerosos con vós» «imos darvos parte de responsabilidade na elaboración do presuposto>>. Nós non damos crédito a todo isto, non tivemos unha proposta firme e escrita NUNCA.
E chegamos a parte máis importante, que é a manipulación e a chantaxe son estratexias que aplican para xerar opinión e presión pública. A manipulación só ofrece unha vantaxe temporal.
O efecto das campañas de desprestixio é semellante ao da chantaxe, que acaba tendo consecuencias negativas para os dous, xa que nos obriga a facer esforzos comunicativos como o que estamos facendo.
Para que unha negociación teña éxito, debe ser un acordo satisfactorio para ámbalas partes, con beneficios para todos.