Besteiro: “Galicia gaña moito co principio de acordo entre o PSOE e os nacionalistas galegos e precipita o fin de ciclo do PP”

por Redacción Galicia

. Tras varias semanas de negociacións nas que Gómez Besteiro participou activamente coma deputado galego e membro da comisión negociadora do novo goberno, o candidato socialista á presidencia da Xunta afirmou que «Galicia gaña moito e sae reforzada co principio de acordo dos socialistas cos nacionalistas galegos».

«Grazas aos socialistas hoxe os galegos e galegas temos unha rebaixa do 50% na autopista AP-9 nas viaxes de ida e volta. Fomos o único partido que votou a favor desta medida nos pasados Orzamentos. Pero, tal e como anunciei hai uns días en Santiago, seguimos avanzando cara a súa gratuidade pese as trabas que nos puxo o Partido Popular. O principio de acordo vai precisamente neste sentido: son temos de acabar con todas as inxustizas que creou o PP de Aznar, Feijóo e Rueda».

Besteiro engadiu que «neste camiño cara a gratuidade non quixemos deixar fóra a autopista AP-53, que une Santiago e Ourense, para contribuír a desenvolver a Galicia interior, xa que a autovía que conecta Lugo-Santiago remata no 2024. Igual de importante é o plan integral para a modernización da rede ferroviaria de Galicia coa mirada posta na implantación do servizo de cercanías. No capítulo das infraestruturas, o noso compromiso é firme para impulsar o desenvolvemento do Corredor Atlántico, especialmente no eixo Ferrol-Coruña-Lugo».

Pero o deputado galego quixo destacar outro fito: «Imos crear novos xulgados contra a violencia de xénero en Galicia».

Todo isto dentro dun marco global que garante a igualdade de trato financeiro entre comunidades autónomas.

Por todo isto, e aínda que quedan detalles por pechar, «estou feliz e agradecido pola oportunidade que me deu o PSOE para pelexar pola miña terra e poñer a Galicia no lugar que merece».

Comparte éste artículo
2 Comments