A charla realizarase este venres ás 20,00 horas na antiga escola de Robra coa fin de clarificar dúbidas neste novo contexto legal
O Bloque Nacionalista Galego de Outeiro de Rei impartirá unha charla sobre a nova Lei de benestar animal que entrou en vigor o pasado 29 de setembro e que está xerando moitas dúbidas na poboación.
Estará impartida por Miguel Vieito (avogado) e será na antiga escola de Robra o vindeiro 3 de novembro ás 20:00 horas. Nela darase resposta a moitas dúbidas que esta lei xera na poboación sobre o microchip ás pitas ou cantos animais se poden ter sen ser unha explotación agraria, se podemos ou non deixar ó noso can só na casa ou se o podemos deixar atado cando imos mercar o pan. Todo isto e outras moitas cuestións tentarase dar resposta con esta charla