O próximo luns preséntase a Plataforma Lugo por Palestina

por Redacción Lugo

«En relación coa colonización, o apartheid, e o xenocidio perpetrados por Israel contra o pobo palestino, xurde de forma espontanea na nosa cidade un gran movemento, que une a moitos dos colectivos do tecido social de Lugo, sindicatos e partidos, e tamén voces individuáis da cidadanía, que non podemos quedar impasibles ante semexantes actos».

«Así xurde a PLATAFORMA LUGO POR PALESTINA, que presentaremos no Salón de Actos de Sindicatos, o luns, 6 de novembro, as 12 da mañán».

Posicionamento Plataforma Lugo por Palestina:

Condeamos rotundamente a colonización, o apartheid, o xenocidio e a ocupación perpetrada por Israel contra o pobo palestino, así como a complicidade e o patrocinio dos gobernos occidentais aliados.

Dicimos a Europa e ao goberno español, en especial aproveitando a súa posición na presidencia do consello da UE, que isto non pode suceder “Non no noso nome” e esiximos:

O cese do fogo inmediato

A entrada masiva de axuda humanitaria (auga, alimentos, combustible, comunicacións, electricidade, abrigo e toda infraestructura necesaria para que os hospitais volvan a funcionar debidamente…)

Levar a Netanyahu e á súa cúpula política perante a Corte Penal Internacional para que responda polos crimes de guerra

Fin da impunidade a Israel e cumprimento das diferentes resolucións da ONU Aos estados europeos, ao goberno español, à Xunta de Galicia e a todas as administracións locais competentes esiximos:

A suspensión das relacións diplomáticas con Israel

Establecer sancións económicas firmes

Embargo armamentístico (en especial cese da compra e venda de armas con Israel)

Suspender os acordos comerciais con Israel e facer boicot comercial aos produtos israelís.

Aos partidos políticos que apoien sen consideracións ao pobo palestino e que isto sirva de liña vermella nas súas negociacións para unha posible investidura

Pedimos aos gobernantes que non se pode resolver esta situación, nin ningún outro conflito, coas armas, a militarización e a represión das protestas. É urxente poñer no centro políticas a favor da sostenibilidade da vida, máis agora ante esta grave crise ecosocial que propicia novas loitas polos recursos

Unha vez resoltas estas cuestións de forma inminente, esiximos que se busque unha solución con carácter de urxencia que poña no centro o problema principal, que non é outro que a ocupación ilegal de Palestina por parte de Israel, xa que do contrario volveremos ao punto de partida. A poboación palestina ten dereito a decidir sobre a súa situación.

SÓ HABERÁ PAZ CON PALESTINA LIBRE!

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario