Baixo o título ‘Alicia no Fórum das marabillas’, nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar dunha noite de aventura este 25 de novembro
Concello da Coruña volve organizar unha nova edición do programa ‘Durme no Fórum’ cunha velada programada para este mes de novembro. A actividade, que chega á súa 18 edición, é unha das máis exitosas entre as familias coruñesas cunha alta demanda de solicitudes en cada convocatoria.
Baixo o título ‘Alicia no Fórum das marabillas’, nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar dunha noite de aventura do sábado 25 ao domingo 26 de novembro no Fórum Metropolitano con diversas actividades temáticas programadas durante a xornada. A actividade comezará ás 19.00 horas do sábado 25, coa recepción dos nenos e nenas participantes e rematará ás 13.00 horas do domingo 26, logo da velada.
‘Durme no Fórum’ está orientada a nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2017, que estean a cursar Educación Primaria, con 180 prazas dispoñibles. Deberán asistir con roupa e calzado cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Tamén unha botella de auga individual para encher, artigos de aseo persoal e un saco de durmir. Opcionalmente poderá utilizarse unha esterilla.
A cota por participante é de 25 euros que inclúen a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes) e o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades. O prazo de inscrición comeza este mércores 8 de novembro ás 9.00 horas.
A partires do venres 10 de novembro, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición. Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.
No caso de que as familias teñan máis dun fillo/a con interese na actividade, deberán de cumplimentar un formulario por cada un dos menores. No caso de que a última praza fose adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos
Pago da cota de inscrición
Logo da confirmación da praza o 10 de novembro, as familias terán que realizar o abono da cota de inscrición mediante transferencia bancaria (ES39 0182 5778 0902 0158 4988 – BBVA). Debe realizarse antes do 14 de novembro, inclusive, e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as indicando no asunto “Durme no Fórum”.