Esquerda Unida reuniu este sábado 4 de Novembro á súa Coordinadora Nacional para marcar as prioridades de cara aos vindeiros comicios autonómicos galegos.
A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida entende que as importantes desigualdades sociais, o adelgazamentos de sectores públicos coma a sanidade, a educación e os servizos sociais e as dificultades no acceso á vivenda son algúns dos elementos centrais aos que se debe enfrontar o futuro Goberno da Xunta de Galicia.
«A inflación nos bens básicos en Galicia situouse en máis do 10% no pasado 2022. As galegas e galegos teñen cada vez máis dificultades para facer fronte a gastos básicos e cuestións elementais como é poder acceder a unha vivenda. Mentres a administración autonómica segue sen exercer as súas competencias en materia de vivenda, emprego, industria e un longo etcétera. E paralelamente O Goberno decide manter unha rebaixa fiscal coa que leva quince anos impedindo que se invista máis en sanidade ou atención ás persoas dependentes», refire Eva Solla Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.
«Esta situación require dunha proposta política firme, que faga fronte ao Goberno esgotado do Partido Popular, para o que resulta imprescindible que as forzas da esquerda poidan chegar a acordos para formalizar unha coalición coa que representar ás diferentes sensibilidades políticas que xa se deron a man nas pasadas Xerais», relata Eva Solla.
Esquerda Unida defende que a posibilidade de fraguar un novo acordo con outras forzas políticas pasa, por un axeitado recoñecemento das partes e pola existencia dun espazo de traballo democrático que garanta a tan necesaria acumulación de forzas.
A Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección de Esquerda Unida pronunciouse sobre a necesaria axilidade para pechar unha coalición onde as diferentes militancias dos partidos que veñen de concorrer ás eleccións Xerais, como Podemos e Movemento Sumar poidan comezar a traballar de xeito conxunto de cara aos vindeiros comicios autonómicos.
Buscan empleo fácil bien remunerado y en «manada» !. No es fácil que en Galicia tengan opción alguna .
El BLOQUE yel PSG-PSOE dominan la izquierda y SUMAR no existe ni tan siquiera en NARON porque
Yolanda Diaz es conocida del pasado y SUMAR en Galicia va a ser :Restar,dividir y desaparecer.
Asi que «a traballar de canteiros» que en Porriño hay granito rosa muy valorado y necesitan gente
que sepa picar piedra o aprenda el oficio.
No hace falta que pongan datos ,los currantes restan de su nómina mensual y al pasar el mes ,ven vacíos
sus bolsillos o la nómina a cero y Vdes. de trabajo y beneficios ,hablan poco asi que ..a seguir igual! y a
despistar a la gente ,donde les crean!.