Formoso recibe un  dos premios COGAVE 2023 polo apoio da Deputación da Coruña ao movemento asociativo veciñal 

por Redacción Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe en Lugo á entrega dos premios anuais da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), que congregou a unha ampla representación de representantes políticos, sociais, culturais e veciñais de toda Galicia.

Formoso recibiu de mans do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, Luisa Varela, un dos galardóns COGAVE 2023 co que a Confederación de entidades veciñais de Galicia recoñece o apoio da Deputación coruñesa ao movemento asociativo veciñal.

Valentín González Formoso agradecu o galardón e destacou a importancia de que os gobernos locais manteñan canles de comunicación directas e fuídas coas entidades veciñais, escoitando e atendendo as súas demandas. «A política e o asociacionismo veciñal traballamos cun mesmo obxectivo: mellorar os nosos pobos e cidades, mellorar a vida das persoas», afirmou.

Outras persoas e institucións que recibiron galardóns este ano foron a Fundación Diego González Rivas, a Asociación Ferrolana de Drogodendencias (ASFEDRO), a empresa Aceites Abril, Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus Universitario de Lugo; Manuel Núñez, presidente do Colexio de Graduados Sociais de Galicia; José Francisco Real, presidente da Asociación de Hostalaría de Galicia; Miguel Ángel González Arias, xeneral da Guardia Civil, entre outras.

Comparte éste artículo
2 Comments