José Tomé Roca. “O PP fracasa outra vez: a Xustiza ratifica a validez da compra da acción de Tragsa”

por Redacción Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este sábado de que o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo desestimou o recurso interposto polo Partido Popular contra o acordo do Pleno de abril do ano pasado que referendou a compra dunha acción de Tragsa e o encargo á mesma do servizo de mantemento e conservación de zonas verdes. Polo tanto, o PP “fracasa de novo” no seu intento de “torpedear a xestión da Deputación para que Tragsa fose medio propio”, subliñou o mandatario provincial.

  • O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo desestimou o recurso interposto polo Partido Popular contra o acordo do Pleno de abril do pasado ano que referendou a entrada da Deputación no accionariado da empresa pública e o encargo á mesma do servizo de mantemento e conservación de zonas verdes
  • Esta decisión xudicial súmase á sentenza coa que o TSXG avalou as decisións da institución provincial en relación con Tragsa determinando que son adecuadas a dereito
  • “O PP fai unha oposición inútil para a provincia, que ademais lle sae cara aos veciños, pois o Contencioso condénao ao pago das custas, que correrán a cargo dos fondos públicos dos que se nutre o Grupo Provincial Popular”
  • Os populares deben “rectificar e pedir desculpas públicas, coa mesma intensidade e cos mesmos medios” que cando lanzaron estas acción xudiciais, “polas mentiras e enganos que lles contaron aos veciños, por malgastar os cartos públicos e por poñer en cuestión o excelente traballo dos traballadores e traballadoras da Deputación”
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario