Achegamos o correo electrónico enviado no día de hoxe aos Presidentes das Deputacións Provinciais e ao Vicepresidente Primeiro da Xunta por parte do Comité de Folga.
Estimados señores,
Mediante a presente quixeramos manifestar o noso descontento e malestar coa súa falta de resposta á nosa convocatoria, e moito máis co feito de que hoxe non se presentaran á nosa petición de reunión no Consello Galego de Relacións Laborais, mais cando manifestaron publicamente a súa pretensión de manter unha liña de “negociación máis dinámica”.
Antes de valorar as consecuencias da súa falta de coherencia quixeramos dar unha nova oportunidade ao diálogo (ese do que vostedes se xactan e predican pero non cumpren), polo que imos a propoñer unha nova data para retomar as negociacións no punto no que vostedes as suspenderon o pasado día 8 de outubro ás 9 da noite.
Propoñemos, en liña co noso último escrito, unha nova data para retomar as negociacións, sendo a nova cita o vindeiro xoves día 9 ás 10:30 horas no Consello Galego de Relacións Laborais en Santiago de Compostela.
De non encaixarlle esta data instámoslles a que propoñan outra alternativa desta mesma semana, e por suposto que nos trasladen a súa resposta como corresponde e por escrito (comitefolgabombeiros@gmail.com). Se a súa postura é a de romper as negociacións, pregamos que sexan claros e transparentes e nolo notifiquen de xeito certeiro.