Ante a investidura… Temos que Blindar as Pensións na Constitución

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) concentrarase no Congreso dos Deputados na segunda xornada da investidura de Pedro Sánchez, tal e como o fixo coa de Alberto Nuñez de Feijóo. E á espera da confirmación da data, a plataforma de Galicia celebrará unha rolda de prensa para anunciar a convocatoria.

A concentración, que se vai a celebrar en Madrid fronte ao Congreso dos Deputados e en ata 12 capitais de todo o país, realizarase “desde o máis absoluto respecto ao candidato á Presidencia do Goberno e, tamén, desde a total autonomía que nos dá a enorme pluralidade de organizacións que forman a plataforma”.

 Segundo os portavoces da MERP, “non é unha concentración de protesta, senón a expresión cidadá dunha proposta ampla e unitaria, na que lles imos a entregar un documento aos portavoces dos grupos políticos, como fixemos na investidura de Feijóo, coa necesidade da blindaxe das pensións na Constitución, para que a teñan en conta tanto na investidura como durante a lexislatura, en canto esta arranque”.

 Segundo a convocatoria da MERP de Galicia, “na rolda de prensa explicaremos as razóns do apoio á concentración do Congreso dos Deputados que imos levar adiante aquí, e en que vai consistir”.

 Somos 47 millóns

 No mes de marzo a Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) presentou a campaña “Somos 47 millóns” en referencia aos pensionistas presentes e futuros: “as pensións públicas incumben á maioría da poboación, non é un tema que afecta exclusivamente aos actuais pensionistas. E por todos eles, a MERP seguirá traballando para blindar as pensións na Constitución”. No acto participaron personalidades como Miguel Ríos, que apadriñou a campaña cedendo como banda sonora o seu tema ‘O blues da terceira idade’, Charo López, e decenas de organizacións das 500 que xa forman parte da plataforma en todo o país.

 A concentración que se presentará na rolda de prensa enmárcase dentro desta mesma campaña, co obxectivo de “estender a conciencia de que as pensións públicas son a nosa columna vertebral, un eixo de unidade e solidariedade interxeracional, e só con esa unidade conseguiremos blindalas na Constitución, prohibindo a súa privatización e a perda de poder adquisitivo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios