O contacto habitual coa natureza e as paisaxes que nos rodean proporciona saúde e benestar

O escritor catalán e experto en conservación Carles Castell impartirá unha conferencia na biblioteca ambiental do CEIDA sobre os beneficios da natura para as persoas

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) acolle na súa biblioteca e centro de documentación ambiental ao escritor catalán, biólogo e experto en conservación Carles Castell Puig, que se achegará ata Oleiros para falar da conexión que ten a natureza e a paisaxe na nosa memoria, saúde e benestar. A conferencia-tertulia terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da biblioteca verde, o vindeiro xoves, 9 de novembro, ás 19 horas.

Nesta actividade, o escritor pretende poñer sobre a mesa, dende a sua visión como biólogo e experto en conservación, a importancia da natureza, da paisaxe e dos ecosistemas na vida das persoas, non só dende o punto de vista do seu disfrute e da súa beleza, seno tamén da nosa propia supervivencia. Tamén das singularidades dos territorios, dos sentimentos que nos inspiran e que nos marcan ao longo da nosa vida.

Unha temática que enlaza coa historia da súa última novela, Camins de desig (Camiños de desexo), onde o protagonista retorna á súa terra, lenvando implícito o regreso as súas paisaxes e ás súas lembranzas, e como os cambios producidos no seu territorio van en paralelo cos cambios na súa vida.

Carles Castell Puig (Reus, 1962)

Doutor en Ecoloxía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), e investigador do Centro de Investigación en Ecología y Aplicaciones Forestales (CREAF) da UAB durante moitos anos. Traballou na Diputación de Barcelona, desenvolvendo programas de análise, planificación, xestión e seguemento en espazos naturais, e foi tamén presidente de Europarc-España, a sección do estado español da Federación Europea de Parques. É un apaixoado da interfaz entre investigación e xestión, e disfruta escribindo: ciencia, divulgación, opinión, e tamén ficción.

Neste ámbito literario, en 2008 publicou unha recopilación de contos satíricos,I…, coa que gañou o Premio Jaume Maspons y Safont, de Granollers (Premsa d’Osona). Dende entón, varios relatos foron galardonados e publicados en recomplilacións individuais e colectivas: Premio Llavor de Lletres, 2011; Premio Vent de Port, 2012 e 2016; Premios Literarios Ciutat de Tarragona, 2012 e 2013; Premio Literario de Valldoreix, 2016, entre outros. En 2014 publicou o seu segundo libro de relatos, Relacions molt realtives (Voliana Ediciones), previamente finalista do Premio El Lector de l’Odissea. En 2015 publica o libro Els camps de la Torre Negra (Ventall Edicions), no que o autor describe, con textos e fotografías, os cambios ao londo do ano deste emblemático paraxe santcugatense. Con Set Pecats (Edicions del Bullent, 2018) gañou o Premio Soler i Estruch de Castelló de la Ribera.

O seu último libro publicado en 2022, Camins de desig, foi galardonado co Premio de Narrativa Vila d’Ascó.

Como o aforo é limitado, é preciso reservar praza dende a páxina web do CEIDA ou no teléfono 981 630 618.

Máis información

Comparte éste artículo
No hay comentarios