Escolares de Ferrol participan nas actividades en materia de educación vial

por Redacción A Coruña

Alumnos de 3º e 4º de primaria do CEIP Ponzos inauguraron esta semana o curso escolar en materia de educación vial que pon en marcha a área de Educación Vial da Policía Local de Ferrol.

Estas actividades teñen dúas áreas de intervención: unha para os alumnos de primaria e outra para os de secundaria e bacharelato, e finalizan coa Semana Mundial da Seguridade Vial, que se celebra en maio.

A escola de mobilidade é a principal actividade para os alumnos de primaria e ábrese aos 21 CEIP do municipio. Os escolares despránzase a esta escola, ubicada en FIMO, onde atopan unha cidade con rúas perfectamente sinalizadas con pasos de peóns, liñas continuas, discontinuas, sinais de perigo e semáforos, entre outros elementos.

A través dunha charla previa se lles informa do uso axeitado e seguro da cidade, aprendendo como actúa un bo peón, como ser un viaxeiro perfecto e como ser un condutor prudente. Posteriormente, iníciase a parte práctica onde os escolares se converten en peóns e condutores que deberán demostrar que saben circular. A actividade ten unha duración aproximada de hora e media.

Pola súa banda, os alumnos de secundaria e bacharelato participan dunha charla na que se lles sensibiliza sobre o que un accidente grave supón, visibilizando non só as consecuencias directas para o responsable, senón tamén para o seu entorno.

A través destas dúas áreas de intervención o que se pretende é que os mozos saiban como circular como peóns e como condutores, fagan unha correcta valoración do risco e sexan coñecedores das consecuencias dunha condución irresponsable.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario