Mellora en infraestruturas, viarias e ferroviarias, para conectar Lugo ou a creación dun xulgado específico de violencia de xénero, entre as cuestións principais
Acompañados por cargos institucionais e orgánicos do BNG na comarca de Lugo, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, trasladan as principais medidas recollidas no acordo de investidura conseguido pola organización nacionalista. Un acordo, avanzan, que garante a igualdade da Galiza e impulsa a Axenda Galega. Destacan medidas recollidas en materia de infraestruturas, ferroviarias e viarias, en políticas sociais -como o aumento das pensións mínimas e a creación do xulgado específico de violencia machista- que melloran a vida dos e das lucenses: “co BNG, Galiza e Lugo gañan”.
Alén das medidas recollidas no acordo “que mellorarán a vida do conxunto dos e das galegas” como a igualdade a respecto da condonación da débeda, garantir o mesmo status político que Euskadi e Catalunya ou mesmo o avance no reforzo do autogoberno, existen puntos específicos para a cidade de Lugo e a súa comarca. Neste sentido, o BNG pon en valor os logros conseguidos e sinala que este acordo “demostra a importancia de ter unha forza política como o BNG, a única forza coas mans libres que verdadeiramente defende os intereses da Galiza”.
O BNG tamén se preocupou neste acordo de investidura de garantir que a Galiza tivese un trato igualitario no que ten a ver coa débeda e por iso, unha das medidas mais relevantes, é que ao noso País se lle compensará a débeda -mesmo que non sexa co Fondo de Liquidez Autonómica- de maneira análoga ao que se faga con outras comunidades. “Por iso sorprende que o PP e Rueda sigan dicindo que a condonación da débeda prexudica ao noso País, cando a realidade é que Galiza vai saír moi beneficiada, mais eles prefiren seguir coa campaña partidista deseñada desde Madrid que defender os intereses do noso País” afirma Rego.
Impulso das infraestruturas co obxectivo de conectar Lugo
“En materia de infraestruturas viarias, aseguramos a finalización dos tramos pendentes de execución da autovía Santiago-Lugo da A-54 antes do fechamento de 2024, así como o compromiso de axilizar a execución dos traballos no viaduto colapsado da A-6, que finalizará este ano no tramo sentido Madrid e antes de finalizar o ano 2024 o tramo sentido A Coruña” adianta o deputado do BNG no Congreso. Rego explica tamén que, entre os puntos acordados, recóllense actuacións nos tramos de máis alta sinistralidade na N-6 e na N-640.
Se na anterior lexislatura a organización nacionalista conseguiu a modernización e electrificación da liña entre Lugo e Ourense, neste acordo logrou comezar a traballar na modernización da liña A Coruña-Lugo entre Betanzos e Lugo. Do mesmo xeito, Rego pon en valor o impulso para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago desbloqueando o estudo da variante entre Curtis e Ordes.
Políticas sociais avanzadas para Lugo
“Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para o noso País que os 22 deputados e 18 senadores do PP escollidos na Galiza” apunta o tenente de alcalde da cidade. Entre as cuestións arrincadas, asevera Arroxo, é a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo. “O BNG fai o traballo que a Xunta de Galiza do Partido Popular é incapaz de facer que debería ter xestionado e conseguido este Xulgado hai moito tempo este xulgado e non o fixo” reivindica Rubén Arroxo.
Así mesmo, “o goberno asumirá 50% do financiamento das actuacións da Lei de dependencia e comprométese a ampliar o permiso de maternidade e paternidade a 20 semanas”. Por último, Arroxo sinala a importancia da suba das pensións mínimas: “Lugo ten, xunto con Ourense, das pensións máis baixas do Estado. Esta suba axudará a superar a fenda de xénero e a fenda territorial” asevera.
Encontro coas traballadoras da limpeza
Alén do máis, o deputado do BNG e o portavoz nacionalista no Concello de Lugo mantiveron unha xuntanza co sector da limpeza en folga para escoitar as súas demandas. “É de xustiza que se asine un novo convenio da limpeza e que o salario sexa superior ao Salario Mínimo Interprofesional xa que no convenio está por baixo” reclaman.
Nestor Rego «sueña despierto».Es increíble que crea que con BNG Galicia gana algo.Recuerde el bipartito y su
Vicepresidente A.Quintana que con ocurrencias infantiles logró que a continuación y a pesar de su mala gestión anterior ,el PP regresase al Gobierno .Allí el Sr.Touriño debió de destituir a varios del BLOQUE y es fácil que de haacerlo hubiese sido votado por la mayoría,de repetir elecciones.La «mochila» del PP estaba cargada de errores y corrupción que tocaba en la GURTEL(entre otras cosas) y no supo rentabilizarlo .
Por el BLOQUE Galicia no ganó nada ,más bien al contrario.
El actual teniente de Alcalde lucense Ruben Arroxo aparenta preocuparse por los barrios y los vecinos y su actitud y
modos de actuar superan con mucho a Néstor Rego que lleva mucho tiempo con discursos fáciles , mezcla galeguismo con nacionalismo del suyo (para despistar a incautos).
En Lugo está demás que vaya este sujeto a escuchar demandas porque Ruben Arroxo sabe escuchar y manejar
en su ciudad esos temas locales.Que vaya a Lugo Néstor Rego es correcto pero quien debió emitir o razonar lo que procede es Ruben Arroxo .
Afrmar que Lugo y Galicia «ganan» ,no se ajusta al pasado ni a lo que hay (si cree que apoyar a Sánchez en la investidura del modo que ha hecho le sirve es que anda «despistado» .La deuda pendiente del Estado con Galicia es muy superior a la que tiene con todas las demás Comunidades Autónomas y lo hecho por Nestor Rego ,da a entender que no lo sabe o no lo parece).
No recuerde el tema de la investidura de Sánchez porque actúa como si fuese uno de los suyos que sin valorar
ni cuestionar nada creen que Sánchez va a triunfar y puestos en pié apoyaban la amnistía ( esa unanimidad es
muy sospechosa) pero falta que Puigdemont entre en su plan (para seguir Sánchez en el Gobierno Central).
El BLOQUE o» mide bien sus pasos»o esa delantera que tiene de votos en Galicia sobre el PSG-PSOE podría perderla.