O BNG de Monterroso saca adiante no pleno unha partida orzamentaria para as axudas ás asociacións

por Redacción Lugo

O BNG de Monterroso solicitou no último pleno celebrado o pasado martes 04 de xuño que se destine unha partida orzamentaria para que as asociacións do concello teñan asegurado o poder seguir realizando as súas actividades.

O concelleiro nacionalista expuxo que «Monterroso é unha vila que conta cun gran tecido asociativo». Historicamente quen dinamizada a vida da vila son as asociacións locais coas súas actividades anuais e puntais . Debido á problematica orzamentaria existente no concello, as asociación deportivas, culturais e veciñais estan en serio risco de supervivencia pola ausencia de orzamento municipal para o 2024.

Os concellos contan con ferramentas para resolver este problema, «evidentemente o primeiro seira a aprobación dun novo orzamento con inclusión das subvencións nominativas, como este paso non quere darlo o Sr. Alcalde pois pedimoslle que modifique outras dotacións orzamentarias para usar en este tipo de proxectos» explicou Vázquez . «Non entendemos que non teña dispoñibilidade para as asociacións que dinamizan o concello e o teñan para outro tipo de actos/gastos que o único que serven é para o seu ensalzamento en redes ou para a súa petición de dedicacións exclusivas» recalcou o concelleiro.

«Esta moción foi aprobada polo pleno, co cal estaremos vixiantes para que se cumpra o mandato do pleno do concello, que é o organo final de goberno nun concello» concluíu Vázquez

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario