O PP pregunta ao Goberno local de Lugo as razóns polas que non utiliza a bolsa de traballo para cobrir as vacantes e baixas dos conserxes nos colexios

por Redacción Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular presenta un rogo a Pleno para que se adopten as medidas precisas para garantir a cobertura das prazas de conserxe “de forma inmediata” nos centros educativos de Lugo nos que falta este persoal dende hai semanas

O popular Javier Vázquez explica como nos últimos tempos centros escolares, como o de Rosalía de Castro ou As Gándaras, levan sen conserxe, durante longos períodos de tempo, por falta de cobertura de baixas ou xubilacións o que repercute na cancelación de actividades extraescolares ou mesmo en cuestións de mantemento do día a día.

Os populares achacan esta situación a  falta de previsión por parte do goberno local xa que as xubilacións son casos previsibles e lembran como en maio se asinou o decreto de APROBACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO DA CATEGORÍA DE CELADOR/A CEIP que recolle unha relación de 870 demandantes de emprego para esta categoría profesional lamentando que non se esté  utilizando para cubrir as baixas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario