Piden explicacións dos motivos polos que o Goberno local deixou caducar o contrato de reparacións de fugas de auga en Lugo

por Redacción Lugo

A concelleira popular Mar Carballas informou que onte caducou o contrato coa empresa que se encarga da reparación das incidencias que se detectan nas canalizacións de distribución da auga potable polas noites , en fins de semana e festivos en Lugo

A edil do PP lembra que o 22 de agosto o Grupo Popular xa advertiu públicamente sobre esta cuestión pedindo explicacións ao goberno local sobre se tiñan previsto sacar un novo contrato cunhas condicións que se adaptasen á realidade de Lugo.

Hai que lembrar que a externalización das reparacións de fugas “se presentou como algo provisional pero ao final vemos como unha medida improvisada, que se xustificou para un breve espazo de tempo, estase a convertir  en algo permanente”.

Proposta

A proposta do PP é reforzar co persoal necesario a brigada municipal de auga “por un lado sería máis económico que externalizar o servizo e, por outro lado, garantiría unha maior eficacia nas reparacións das fugas xa que na práctica, hoxe por hoxe, ainda que haxa o servizo de 24 horas unha alta porcentaxe das incidencias as acaba solucionando a brigada municipal.

Os populares lamentan que a veciñanza teña que sufrir as consecuencias das malas decisións de socialistas e nacionalistas xa que os retrasos na maior parte das reparacións son por falta de medios (a empresa carece da maquinaria e dos recambios que se precisan) así como polas dificultades á hora de localizar as fugas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario