Javier Arias. “A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste no Concello de Castroverde”

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aclara ao alcalde de Castroverde que a Xunta de Galicia é a administración que máis inviste no Concello de Castroverde. De feito, o ano pasado, a Xunta de Galicia investiu 4,1 millóns de euros no seu concello.

Arias tamén lamentou a actitude agresiva e ameazante do rexedor, impropia do cargo que representa a todos os veciños de Castroverde, independentemente da súa cor política. Arias lembra que o alcalde foi invitado á súa visita desta semana a Castroverde, ao igual que o portavoz da oposición, e ambos poden traer a quen estimaron convinte, porque son actos públicos, abertos e de total liberdade, ao contrario que acontece con moitos actos da Deputación de Lugo aos que só se invita ao representante do partido socialista.

«A Xunta é unha administración cercana e transparente que goberna para todos, non coma o goberno da Deputación de Lugo, que fai un reparto pouco equitativo dos fondos provinciais e así o demostra o feito de que nos cinco primeiros meses deste 2023 e ata as eleccións municipais repartiran 6,5 millóns de euros entre concellos gobernados da mesma cor política aos que obstentan o goberno provincial» remarcou o delegado territorial. Un exemplo claro desta forma de actuar é o convenio directo de 150.000 euros asinado entre o entre provincial e o Concello de Castroverde.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario