Naturgy podería ter incumprido a Directiva Marco da Auga ao baleirar a presa de Barrié para especular co prezo da luz

por Redacción Galicia

O baleirado da presa por Naturgy afectou a 1.700 familias, causou 14 millóns de euros en perdas e puxo en risco a seguridade das mariscadoras e do ecosistema da Ría de Noia

A eurodeputada Idoia Villanueva rexistrou unha pregunta no Parlamento Europeo denunciando a gravidade das prácticas especuladoras de Naturgy, toleradas pola Xunta de Galicia, e os seus graves efectos económicos, laborais, sociais e medioambientais sobre a Ría de Muros e Noia. Por este motivo, a eurodeputada de Podemos lembrou que «Naturgy non pode actuar con impunidade destruindo ecosistemas e destruindo un sector tan esencial, prexudicando a miles de familias só para gañar máis diñeiro».

Na súa pregunta, a eurodeputada de Podemos pediu a Comisión Europea que se posicione nesta cuestió e investigue se Naturgy estaría incumprindo a Directiva Marco da Auga. O baleirado abrupto da presa de Barrié de la Maza teria alterado a composición fisio-química da auga da Ría de Noia, prexudicando a producion de marisco e a supervivencia dun sector tradicional en Galicia, esencial para a economía local da Ría de Noia, golpeando gravemente a 1.700 familias.

Como sinalan as asociacions de marisqueras, non é a primeira vez que Naturgy baleira grandes volumes de auga nun breve periodo de tempo do encoro de Barrié de la Maza, situado no leito do río Tambre, desembocando as súas augas na ría de Muros y Noia. La última vez, o outubro pasado, cando soltaron un gran caudal de forma abrupta sen previo aviso, algo que, denuncian, puxo en perigo a seguridade das mariscadoras; facendo que esta temporada de marisqueo fora a máis curta da historia de la ría: tan só dez días.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario