O portavoz do Grupo Provincial Popular advirte dos «prexuízos aos equipos e usuarios que non poden adestrar nin disputar os seus encontros oficiais»
- O popular cre que «as obras deberían estar rematadas no verán, antes do inicio da temporada» e, polo tanto, quere saber «se houbo ou non problemas que xustifiquen este atraso e, sobre todo, queremos saber cando vai a estar en funcionamento»
- Usuarios, cidadanía e afección demandan a mellora destas instalacións: o arranxo do parqué e mellores interiores, solucionar os problemas de goteiras e dotar de vestiarios aos usuarios do Anexo.