O candidato á Xunta do PSdeG resalta que “o goberno de Pedro Sánchez sigue apostando por Galicia”
José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, destacou este martes o investimento aprobado polo goberno de España dun total de 58 millóns de euros para as estacións intermodais de Vigo e A Coruña.
Besteiro valorou o acordo do Consello de Ministros co cal se impulsan as actuacións para completar os proxectos das estacións intermodais de Vigo e a Coruña. En concreto, para a cidade olívica, o executivo autoriza a actualización do convenio para completar os novos accesos, conectando a estación de tren, a de autobuses e a autoestrada AP-9.
Cun custe total de 24,5 millóns de euros, dos que o goberno de España aporta a maior parte a través do Mitma con 17,1 millóns de euros (o 70%), o concello de Vigo aportará 3,7 millóns e a Xunta será a administración que menos recursos aporte con 3,6 millóns.
No caso da Coruña, o goberno de España firma un convenio co Concello da Coruña para aportar 9 millóns de euros destinados á creación dunha nova terminal de autobús na estación Intermodal. Así, o conxunto do investimento neste proxecto chegará aos 32,4 millóns de euros coas achegas do executivo centra, do consistorio municipal e da administración autonómica.
Besteiro resalta que está é unha proba máis de que “o goberno socialista de Pedro Sánchez sigue apostando por Galicia” e que “cando gobernan os socialistas Galicia gaña”, seguindo a liña dos investimentos aprobados a pasada semana para os descontos nas peaxes da AP-9 e a AP-53.
Puxo en valor que, con estas actuación, se estarán “integrando os autobuses urbanos e interurbanos co ferrocarril” e resultará nunha “mellora da mobilidade sostible”. O candidato á Xunta considera que estamos, “sen dúbida”, ante “un novo impulso para Galicia”.