A Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética organiza unha xornada sobre o futuro do hidróxeno verde en Galicia

por Redacción Galicia

A Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética organiza o foro “O futuro do hidróxeno verde desde a perspectiva galega: Retos e oportunidades”, unha xornada na que se abordará a oportunidade económica, investigadora e industrial que se abre co desenvolvemento do hidróxeno verde en Galicia

O foro terá lugar o próximo 28 de novembro a partir das 9:15 horas no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol, de forma presencial e tamén se poderá seguir en liña. Para asistir ou seguilo en streaming, as persoas interesadas deberán inscribirse a través da páxina web da Cátedra: fundacion.udc.es/catedragreenaliatransicionenergetica

Tras a apertura institucional, chegará a quenda da conferencia inaugural a cargo de Carlos Bravo, experto en clima e enerxía, quen ocupou a coordinación desta área en Greenpeace España máis de 20 anos. Actualmente, é consultor ambiental e representante de Transport&Enviroment, unha federación a nivel europeo de organizacións non gobernamentais dedicadas ao transporte. A continuación, chegará a quenda das mesas redondas.

En primeiro lugar, terá lugar a dedicada ás Tendencias en investigación en hidróxeno verde, onde se contará coa presenza de Fernando Val, director de EnergyLab; Roberto Campana, director científico da Unidade de Investigación do Centro Nacional de Hidróxeno; Juan Manuel Bermúdez, Investigador RyC da UDC que pertence ao centro de investigación CICA-UDC; Adrián Rodrı́guez, responsable de Desenvolvemento de Negocio de CETIM Centro Tecnolóxico e Pablo Carrasco, xestor de proxectos e especialista en enerxía do ITG.

A análise desde unha perspectiva reguladora, de tramitación e loxística poñerano os participantes da mesa titulada O papel das administracións e institucións no desenvolvemento do hidróxeno verde. Estarán nela Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia; Juan Diego Pérez, director do Porto da Coruña; Javier Calviño Gómez, xefe do departamento de Servizos Técnicos e Planificación na Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao; e Javier Díaz, tenente alcalde do Concello de Ferrol.

Por último, a terceira mesa virará en torno ao Valor empresarial de hidróxeno verde en Galicia. Un debate no que estarán Raúl Martı́n, responsable de eólica mariña e hidróxeno en Greenalia; Julio Hidalgo, director da división de hidróxeno de Univergy Solar; Brais Armiño, socio consultor en AtlantHy; Alberto López, director financeiro de Forestal do Atlántico; e Francisco Méndez, responsable de estratexias industriais de CCOO de Industria de Galicia.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario