O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, para avaliar o avance dos diferentes proxectos que o Goberno galego ten en marcha no municipio, e singularmente as obras de Augas de Galicia
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de mellora do abastecemento e está en proceso de contratación o proxecto construtivo da mellora do sistema de saneamento e a nova estación depuradora de augas residuais, licitado por un importe de 242.000 euros.