Unidas Podemos. «O goberno do PP ten sometido á penumbra a Laxe»

Dende a coalición de Unidas Podemos Laxe volvemos poñer sobre a mesa a falla de eficacia do equipo de goberno do Partido Popular de Laxe por varias razóns. Neste caso cabe destacar varios feitos. Por unha banda, fai unhas semanas o alumeado estivo a pleno sol encendido, supostamente para traballos de mantemento. Algo asombroso, tendo en conta que o Concello paga a luz mediante ampliacións de crédito bancario varias veces ó ano, en lugar de instalar luces led para aforrar na factura, e levar a cabo dunha vez as promesas electorais que teñen dende o mandato anterior.

Por outra banda, supoñemos que o equipo de goberno está informado da perigosidade de andar polo pobo á noite debido a familias de xabarís que andan con liberdade polas nosas rúas. Xa é temible velos de lonxe, como para telos canda un na escuridade na que ten sumido o PP de Laxe ó pobo denda xa fai moitas noites. Treito enteiros como a rúa Feliciano Pérez Alvite non conta con ningunha farola en funcionamento dende fai demasiados días, así como outras rúas con numerosas delas apagadas, feito que tamén afecta a lugares das parroquias, como A Costa en Traba.

Esta escuridade dificultou mesmo servizos de emerxencia que por desgracia se fixeron de noite. Non consiste en sacar faltas ó non feito coma sempre, pois tivemos a deferencia de deixar semanas para que o alumeado fose arranxado. Pero ante a inoperancia do equipo de goberno, dende Unidas Podemos non nos queda outra que denunciar públicamente ó goberno, que non é capaz nin de manter como é debido os servizos municipais máis básicos, deixando ó Concello a escuras, afectando seriamente á seguridade da veciñanza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios