Carme Aira asistiu á entrega da XXI edición dos Premios Facer País

por Redacción Lugo

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira, acompañada do concelleiro do BNG de Láncara, Iago Bande e compañeiros do BNG desa localidade  asistiu á XXI edición dos premios Facer País, que desta volta recaeu na cantora María Xose Silvar «Ses»

A deputada nacionalista puxo en valor o traballo realizado polas asociacións que dan este premio. «Uns premios que poñen en valor Láncara e o seu compromiso coa cultura galega» declara  Carme  Aira, «unha cultura, a galega, que precisamos que sexa espallada por todo o país e polo que no BNG apostamos decididamente» afirma a deputada.

Carme Aira tamén felicitou a premiada deste ano María Xosé Silvar «Ses» recoñecida cantora popular galega que coas súas cancións lle pon voz as inxustizas sociais e de xénero que padecemos  nesta sociedade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario