Concentración de «Eólica Así Non» que tivo lugar hoxe diante do Parlamento Galego, mentres se debatía a Lei de Acompañamento dos Orzamentos, nas que o PP declara os proxectos eólicos de «interese público superior».
Centos de persoas que representamos a colectivos sociais, ecoloxistas, culturais, sindicais e plataformas de afectados/as pola actual vaga eólica acudimos ao Parlamento para manifetar a nosa repulsa contra as reformas lexislativas do PP que entregan definitivamente o país ao Capital privado baixo a falaz escusa do «interese xeral». Mais, berramos ben alto: «As leis do Capital non son de interese xeral!«.













