É, por este motivo, polo que Gueimunde lle pide á socialista “que traballe”, pois esta é unha competencia municipal e, en consecuencia, é obriga do Concello asegurar o seu funcionamento
A voceira do Grupo Municipal de Viveiro, Mariña Gueimunde, recoñece que a xestión do Goberno local “nos está levando a unha deriva sen precedentes”. A popular fai esta valoración logo de que a alcaldesa recoñecese ao Pleno, como así se recolle na acta da sesión, que non ten previsto restablecer a curto prazo a quenda de noite da Policía Local nin mellorar o servizo para garantir a seguridade cidadá.
Por este motivo, é polo que Gueimunde lle pide á socialista “que traballe”, pois esta é unha competencia municipal e, en consecuencia, é obriga do Concello asegurar o seu funcionamento. Ademais, aclara, “para o incremento de persoal pódese empregar a taxa de reposición que xeraron as recentes xubilacións de persoal funcionario do Concello. É cuestión de priorizar ou querer facelo, non serven escusas”, afirma. Neste senso, a popular lembra que se chegou a esta situación porque no goberno anterior ó de Loureiro, tamen do PSOE, perdeuse precisamente esta taxa por non aprobarse nos orzamentos as tres prazas que se prevían e que nunca se volveron a recuperar.
Na actualidade o servizo conta tan só conta con 9 efectivos, logo da recente marcha dun compañeiro ao Concello de Lugo por mobilidade. Para a popular, “vese claramente que non só se desmantela o servizo de noite senón tamén o diurno”. Todo elo, apunta, “pola inoperancia do goberno local á hora de resolver o conflito entre o persoal e a xefatura, dado que a fuga de efectivos débense a esta cuestión e máis que se producirán se non se atalla o problema”, advirte.
As consecuencias desta política leva a que, se acontece un accidente en horario nocturno como sucedeu nas últimas semanas na variante, a pesares de seren unha competencia municipal no dispositivo despregado había bombeiros, 061, Policía Nacional, Protección Civil, Tráfico e tan só faltaba a Policía Local. E foron estes últimos efectivos os que posteriormente tiveron que asumir a investigación a pesares de non recoller as probas in situ, co trastorno que iso supón. “Estamos a falar dun tema moi serio”, remarca.
A voceira popular no Concello reclama a presencia dos axentes da Local polas noites: “Teñen que facerse visibles para disuadir aos que ás veces circulan a unha velocidade excesiva en moitos treitos do municipio, aos que ás veces axitan e amedrentan a outros cidadáns durante o ocio nocturno ou aos que molestan co ruído a altas horas. A Policía Local é un servizo ao que a cidadanía ten dereito, e a alcaldesa non o pode abandonar á súa sorte deixándoo totalmente maniatado pola súa falta de xestión para que estea perfectamente cuberto”, conclúe.
A GRÚA TAMPOUCO FUNCIONA CORRECTAMENTE
O servizo de grúa municipal tampouco se está a funcionar como debería. Na acta da sesión, recóllese como a rexedora afirma que a prestación presenta carencias por problemas de saúde dos traballadores da concesionaria. “Iso si, os veciños seguimos pagando os impostos correspondentes, pero se algún día precisamos entrar nos garaxes e non podemos polo estacionamento de vehículos diante dos vados, pois teremos que encomendarnos á sorte porque o Concello tampouco se preocupa por dar aos veciños este servizo”, critica a voceira do PP.