O vicevocerio popular Enrique Rozas queixase de que as alternativas ao descontrol das obras que se desenvolven no centro sexa anunciar medidas improvisadas: “non hai planificación e actúan a rebufo da presión dos residentes, comerciantes e das iniciativas do Partido Popular”
Os populares cren que as medidas anunciadas hoxe “castigan ao comercio e supoñen un golpe para moitos negocios do recinto amurallado” engadindo que “logo de crear os problemas, en vez de dar alternativas optan por aplicar sancións económicas”.
“O goberno local non facilita aparcamentos, nin abarata os que existen, pero” e enganden que “o goberno local non habilita nin organiza un servizo de entrega ou recollida de paquetería pero sí multan”.
Rozas manifestou que “despois de oito meses o concello se dá conta de que non existe un Plan de Tráfico específico para estas obras pese a que o PP o solicitou cando se iniciaron estes traballos”.