No pleno deste mes os populares presentan un rogo esixindo prazos para adhesión a este protocolo de proteción ás vítimas de violencia de xénero.
· Aurora Goás considera «unha irresponsabilidade» que a cidade de Lugo sexa a única das sete grandes cidades galegas que ainda non se sumou a este programa de protección ás vítimas de violencia de xénero promovido polo Ministerio do Interior no ano 2017
· A popular compartiu, nun vídeo no que explica o contido dun Rogo que defenderá no vindeiro pleno, unha publicación das redes sociais a alcaldía de MARZO DO ANO 2021 na que o goberno local anunciaba que estaba preparando a súa adhesión a este protocolo dando a entender que «era unha tramitación que estaba xa practicamente feita».
· A popular pregúntase «Como pode ser que vaiamos para case 3 anos e sigamos no mesmo punto?» e, por ese motivo, pide explicacións no pleno dsos motivos do retraso e que se dea un prazo definitivo para que Lugo se incorpore ao VIOGEN
· Os populares lembran que se presentaron ata dúas proposicións no pleno, e que obtiveron o apoio da corporación, a maiores de numerosas preguntas e rogos en comisións lamentando que todo quedase en papel mollado