Preto de 600 empregadas e empregados públicos da Xunta ascenderán de categoría

por Redacción Galicia

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia catro procesos selectivos de promoción interna

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) catro procesos de promoción interna polos que preto de 600 empregadas e empregados públicos poderán ascender de categoría na Administración galega.

A estas prazas de promoción interna só pode acceder o persoal empregado público que xa ten unha praza fixa na Administración e quere opositar para acadar un ascenso ou promoción profesional.

En concreto convócanse 585 prazas que se distribúen do seguinte xeito: 30 prazas para o Corpo superior (A1), 185 para o Corpo de xestión (A2), 240 para o Corpo administrativo (C1), e 130 prazas para o Corpo auxiliar (C2).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario