“O goberno local recoñeceu hoxe que ainda non teñen o certificado final de obra nin a acta de recepción dos traballos que contrataron para reparar as deficiencias do novo Auditorio de Magoi e que tiñan que estar concluídos o pasado 4 de novembro”
A preguntas do Partido Popular o goberno do PSOE e BNG de Lugo avanzou que a data prevista para a formalización deste trámite será o vindeiro 30 novembro pero lamentan que, a estas alturas, e en palabras do goberno local «teñen todo por determinar» en alusión á forma de xestión, presupostos ou contidos que lle van dar a este inmoble.
Retraso inexplicable na redacción da ordenanza que regula as terrazas
Outra cuestión que pon en evidencia a falta de traballo e de xestión do goberno local ten que ver coa ordenanza que regulará a ocupación de vía pública das terrazas á que pedimos acceso.
Hai un ano dicían que estaban redactando este documento e hoxe contestannos na Comisión que o único que teñen son uns papeis de traballo sen forma.
Dende o PP consideramos que ter unha regulación é fundamental de cara a dar seguridade xurídica e certeza aos empresarios que optan por estás instalacións nos seus negocios, pero tamén permite que se garanta a seguridade dos usuarios das vías e beirarrúas.