O PP apoia impulsar en FITUR un desfile das tropas romanas e castrexas do Arde Lucus

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Agustín Gallego considera que “este ano é o axeitado para que as 19 asociacións de recreación histórica sexan as protagonistas na Feira de turismo máis internacional

  • “Defendemos  que este ano se promova esta acción xa que coincide no tempo con dous recoñecementos ao traballo e esforzo infatigable das asociacións ligadas a este evento como son: a declaración da Festa de Interese Turístico Internacional, e a Medalla de Ouro da cidade”
  • Agustín Gallego afirma que “o grupo popular fai esta petición con tempo suficiente para que o goberno local  planifique e teña marxe para organizar este evento e mobilizar ás persoas que se precisan para participar nun desfile de romanos e castrexos no interior de IFEMA, en Madrid”
  • No PP pensamos que “é importante  que os visitantes de Fitur coñezan de primeira man aos protagonistas do Arde Lucus” xa que son o mellor escaparate dun destino perfecto para vivir o legado cultural e histórico que temos en Lugo
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario