Candia cre que PSOE e BNG terán que explicar “porque os seus derroches teñen que pagalos os lucenses cunha suba de impostos e cun endebedamento porque dilapidaron os aforros”

A popular explica que a realidade económica do concello é a seguinte: «para poder manter os servizos públicos pídenlle un esforzo económico aos lucenses e que paguen máis nos seus recibos; e para poder investir vense obrigados a endebedarse e contratar un crédito».

Candia manifesta que alguén terá que responder pola mala xestión da economía municipal xa que estas decisións se toman logo de que no ano 2019 PSOE e BNG se atopasen con 51.893.421,84 M€ de remanentes de tesourería, que dilapidaron en 4 anos.

Este é un exemplo de como xestionan os socialistas e nacionalistas en Lugo: «maior presión fiscal á veciñanza, sen ofertar novos servizos e sen proxectos que den valor engadido».

Comparte éste artículo
No hay comentarios