O concurso supuxo máis de 200.000€ de facturación para os 37 restaurantes participantes
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa concelleira de Participación a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que tivo lugar esta mañá no MIHL Maite Ferreiro destacou «a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local», e fixo fincapé na importancia do Concurso de Tapas «para promocionar os productos locais e o consumo de Km0».
O XVIII Concurso de tapas pechou con máis de 40.000 tapas vendidas, o que supuxo unha facturación de máis de 200.000€ para os establecementos participantes. Maite Ferreiro destacou a «importancia deste certame na hostalería local e no comercio da cidade», e agradeceu a todo o persoal da APEHL «a súa implicación ano a ano para que este concurso sexa un éxito».
A edición 2023 do concurso de tapas de Lugo contou con 37 establecementos hostalería participantes distribuídos por toda a cidade: 3 pés, Anda, Antas, Ave César, Barros Cervecería, Bulló Xantar, Casa D’Auga, Desnivel Tapas e Copas, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, El Santuario de Magnus, España, Galo, Gran Café, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Karrusel, La Cosechera de 1977, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Mesón El Castillo, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Casa de Comidas, Orixe do Campo, Paprica, Parada 33, Portal 36, Pulpería O Castelo, Prebe by Bret, Quimera, San Marcos Café, Santeiro’s Terraza, Taberna Daniel e Tapería o Peque. O restaurante El Boni foi o gañador do certame.