Ameijide: “Tomé continúa dirixindo cartos da Deputación a onde é alcalde, pero evita informar deste reparto a dedo”

por Redacción Lugo

O voceiro popular cre que «é tal o descaro que lle debe dar vergoña facer público un novo convenio que beneficia ao Concello do que é alcalde e que demostra o trato desigual aos Concellos da provincia»

  • O goberno provincial aprobaba na xunta de goberno de fai case dúas semanas un convenio co Concello onde goberna Tomé e sobre o que non informou publicamente como si fixo con outros convenios aprobados esa xornada
  • «Mañá celebrarase unha nova xunta de goberno e veremos se Tomé continúa beneficiando a porta pechada aos Concellos gobernados polos seus amiguetes ou se rectifica e amosa un trato igualitario a todos os Concellos da provincia, aínda que somos pesimistas con esta previsión»
  • Ameijide lembra que «o goberno provincial PSOE-BNG vén de aprobar uns orzamentos para 2024 onde reducen a cooperación cos Concellos: conxelan o Plan Único que pedíamos que subisen nun 30% e reducen nun 12% as transferencias correntes ou de capital ás entidades locais»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario