Traslada o seu apoio ás traballadoras do sector e reclama á patronal que retome as negociacións para garantir unhas condicións de traballo dignas
A concelleira do BNG, Cristina López, defendeu no pleno municipal unha proposta reclamando á patronal do sector da limpeza o avance das negociacións para chegar a un novo convenio colectivo xusto no sector. Cristina López afirmou que as reclamacións das traballadoras «buscan mellorar as condicións de vida das traballadoras da limpeza, un sector amplamente feminizado e precarizado».
O sector demanda un convenio colectivo digno, ante a oferta presentada pola patronal, que suporía deixar as traballadoras na total precariedade. Na actualidade, as traballadoras levan cos soldos conxelados dende o ano 2021, cando venceu o convenio, e que hai categorías que xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional. Ao pleno achegáronse as traballadoras do sector, que levan en folga desde o pasado 16 de outubro
A limpeza é un servizo esencial, tal e como quedou demostrado durante a pandemia e como se está a evidenciar na folga indefinida que as traballadoras e traballadores iniciaron o pasado luns. Nesta situación, as traballadoras e traballadores do sector levan en Folga Indefinida desde o pasado 16 de Outubro para reinvidicar a sinatura dun convenio colectivo digno que garanta como mínimo superar o SMI e que garanta manter o poder adquisitivo en base a unha cláusula de revisión salarial.