As organizacións sindicais chaman á parcipación nas accións propostas desde o día 13 nas principais cidades galegas, co obxecvo de desbloquear as negociacións e mellorar as condicións laborais e salariais
CCOO, UGT Servizos Públicos, CIG-Ensino, e SNEP Galicia convocarán novas mobilizacións no sector da educación infantil tralo fracaso da última reunión o 24 de novembro, no marco da negociación do XIII Convenio Colectivo. Nas xa doce reunións da mesa negociadora, as patronais non mostraron vontade de chegar a ningún acordo que permita ás traballadoras recuperar o poder adquisitivo perdido e obter uns salarios dignos e xustos, acordes coa responsabilidade do seu labor educativo e social coas crianzas.
Así, as OOSS, en representación do persoal traballador de infantil de 0 a 3 anos, organizarán varias manifestacións e concentracións no mes de decembro nas grandes cidades de Galicia. A primeira das mobilizacións arrincará o mércores 13 en Vigo, Santiago e A Coruña. Tamén se convocará xornada de folga o martes 19 de decembro. Os sindicatos convocantes con»núan manifestando deste xeito o malestar coa marcha das negociacións, que se iniciaron hai máis dun ano e medio, nas que as patronais non souberon estar á altura das necesidades do sector.
As reivindicacións continúan na liña dos últimos meses: denunciar o inmobilismo nas negociacións do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil, estancado desde hai máis dun ano e medio, e defender os dereitos laborais, sociais e salariais das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta.
A actitude das organizacións patronais pon de manifesto a falta de vontade negociadora co ánimo de atrasar e evitar afrontar a necesaria actualización dos salarios, que actualmente se atopan por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), impedindo así que as traballadoras poidan recuperar o poder adquisitivo perdido. Ademais, negan a necesidade de incrementar o diferencial salarial para as educadoras infantís e tamén se opoñen á aprobación dunhas táboas salariais equilibradas, dignas e xustas para todo o sector.