As Xuventudes Socialistas proponse “ampliar e impulsar a Axenda Galega do PSdeG»

por Redacción Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron este sábado de mañá un Comité Nacional Extraordinario para escoller a súa delegación para a Convención Socialista do PSdeG, representación que “non se queda aí se non que tamén se está a plasmar nas delegacións das agrupacións locais do partido”.

Dende a organización socialistas ven o evento como “unha gran oportunidade para comezar a trazar a Galicia moderna e activa que tanta ilusión nos xera á militancia socialista, pero aínda máis á cidadanía galega”

Emancipación xuvenil, transporte público, vivenda, saúde mental…cuestións nas que levan incidindo no último ano serán o eixo principal no que van traballar de cara a Convención.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, agradeceu “a confianza que o partido como o candidato están a depositar nas XSG, e non lles imos defraudar, pero sobretodo, non lle imos fallar á mocidade galega, á xeración Z”.

O líder mozo comentou que “o reto que nos marcamos con Besteiro é asentar as bases da transformación da vivenda e do sistema de transporte público nos primeiros 100 días de Goberno Socialista”.

“Nesta Convención, en definitiva, propoñémonos ampliar e impulsar a Axenda Galega do PSdeG, para facela o máis atractiva e inclusiva coa Xeración Z”. “Debemos romper a barrera da participación, temos que superar o 50% e chegar ata a das xerais ou a das municipais” recalcou Doval.

O socialista volveulle a criticar ao PP e ás NNXX por “presumir do que carecen” ao non ter ningún tipo de solución para a mocidade galega, “só cheques que non chegan nen serven para nada”.

                   

Comparte éste artículo
1 Comment