Borja San Ramón: «Seguimos agardando unha resposta de Movemento Sumar»

por Redacción Galicia

Este sábado reuniuse o Consello Cidadán Galego, máximo órgano entre Congresos de Podemos Galicia. A dirección galega acordou neste órgano facer unha serie de encontros en cada unha das provincias galegas de cara a recoller propostas programáticas e manter informada á militancia da formación do traballo que se está a facer de cara ás eleccións galegas.

En canto ás negociacións en curso entre a forza morada con Sumar Galicia e Esquerda Unida, o Coordinador Nacional Borja San Ramón fixo un chamamento público a acelerar o proceso para «articular unha candidatura común coa maior celeridade posible». O líder autonómico do partido destacou que «hai unha proposta sobre a mesa que consiste nunha coalición firmada ao 33% entre as tres forzas políticas, onde todas recoñecémonos como iguais. Esta proposta está pendente de resposta por parte de Movemento Sumar e do seu coordinador dende fai semanas».

O líder de Podemos Galicia declarou que «é urxente pechar un acordo que poida ser validado polos respectivos procesos das organizacións, que no caso de Podemos é unha consulta a inscritos». «Despois de 15 anos de goberno do Partido Popular, temos unha oportunidade histórica de conseguir un goberno progresista», aseverou. Para San Ramón este obxectivo pasa necesariamente por «lograr un acordo canto antes, porque o tempo apremia e existe a posibilidade de adianto electoral. A chave do cambio está en mans da esquerda transformadora, pero temos que estar á altura do cambio que demanda a cidadanía».

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment