Na reunión celebrada coa Asociación de Constructores da Provincia os populares compartiron a preocupación do sector polo atasco das licenzas urbanísticas desvelando que se resolven unha media de 4 semanais.
• O PP acusa a PSOE e BNG «de acosar aos particulares e empresarios que fixeron obras nos últimos catro anos no municipio e aos que van revisar, agora, os importes que pagaron do ICIO (Imposto de Construción)
• Se o goberno local quere recadar para poder investir en mellores servizos para a veciñanza teñen a solución na súa man e non é, precisamente, a da sanción
• Os populares refírense a que se desbloquean as máis de 700 licenzas que hai gardadas nun caixón e se estas se tramitasen suporían uns ingresos de 1.5M€ en concepto de taxas e un volumen de investimento de preto de 50M€
• Esta campaña de inspección é inxusta e ademáis supón unha asfixia económica no caso das empresas a quen lles deron osíxeno durante a pandemia e agora revisan aos poucos que sobreviviron e os obriga a pasar por caixa
• Pero, que é podemos esperar dun Concello que ingresa máis por multas e por licencias?
PROPOSTAS MELLORAR O SERVIZO DE URBANISMO
• Neste encontro de traballo con membros da directiva da APEC os populares puxeron sobre a mesa diferentes propostas encamiñadas a mellorar a atención no departamento de urbanismo entre as que destaca:
Recuperar a ATENCIÓN PRESENCIAL
AXILIZAR a resolución de LICENZAS
GARANTIR a validez ou vinculación dos certificados urbanísticos
MODIFICAR a normativa urbanística obsoleta como o PEPRI
• No transcurso da reunión os populares tamén trasladaron datos dun informe realizado no que se tomaron, como base, as licenzas que se incorporan nas ordes do día das 23 últimas xuntas de goberno local que son as que coinciden cos meses que levamos deste mandato.
• A conclusión é que entre os meses de xuño a novembro estanse resolvendo unha media de 4 LICENZAS POR SEMANA aclarando que «nese periodo houbo 23 Xuntas de Goberno local nas que se resolveron 53 expedientes do ámbito urbano, e 48 da zona rural co que a media de licenzas sitúase en 4,39 á semana»