Dende o PP solicitan transparencia na información á cidadanía e piden explicacións sobre se se realizou unha análise, árbore a árbore desta rúa, para comprobar as alternativas viables para non ter que eliminalos
Explican que veciños da zona que asistiron á xuntanza informativa organizada polo concello aseguran que se lles dixo que “as árbores da rúa Montevideo non se ían cortar e que se respetarían”.
O argumento de que enfermaron, precisamente, estos días coincidindo coas obras de pavimentación resulta sospeitoso “tanta árbore enferma nunha cidade onde a madeira é o impulso verde”.
Os populares pregúntanse se é necesaria a tala para facer as peonalizacións do casco histórico e lembran como grazas á presión cidadá se conseguiu preservar parte do arborado en Santo Domingo.
Os populares lamentan as intervenciones pouco amables e duras que se están facendo por toda a cidade: “a humanización do goberno de Lara Méndez é sinónimo de empedrar e repavimentar”.
Non sería a primeira vez que o goberno local minte para xustificar a tala de árbores en alusión á que fixeron con nocturnidade e alevosía o verán no aparcamento da Deputación aducindo unha enfermidade forestal.