I Mercado de Nadal no concello de Alfoz

por Redacción Lugo

Este venres, 8 de decembro, a Asociación de Veciños de San Pedro de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenial O Castelo, celebran a primeira edición do Mercado de Nadal no concello de Alfoz. 

 O Mercado contará con diversos postos de artesanía, adornos de nadal, accesorios, xoguetes, produtos delicatessen… Venda de chocolate con churros, biscoito, viño quente e bebidas variadas. 

Ás 12h e ás 17h haberá obradoiros para os máis pequenos. Ás 19 horas, acompañadas dunha actuación musical navideña, acenderanse as luces da parroquia.

O Mercado de Nadal será no Atrio da parroquia de San Pedro e contará con carpa climatizada. 

O horario do mercado é de 10h a 20h.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario