UCIN Galicia. De Galicia para Galicia

por Óscar de Souto

Voceiro de UCIN Galicia

UCIN Galicia, é un partido político que xurde pola necesidade de hixienizar a política, con novas ideas, preocupado polas necesidades das galegas e galegos. As necesidades de Galicia coñécenas todos os políticos que desde o seu “chiringuito”, con espléndidos soldos a fin de mes, preocúpanse só de ofrecer en tempos electorais, o que logo non cumplen.

As infraestruturas galegas seguen a paso de procesión, o mesmo que Sanidade, Educación, Investigación, o sector Pesqueiro, o Rural e un amplo abanico de necesidades que, Rueda, Besteiro e Pontón afánanse solamente en publicitar sen concretar o investimento, coma se estivesen a ofrecer chourizos nun mercado de ilusos.

Os galegos, sabemos moi ben, que non apostan por Galicia e polos galegos a dupla PP e PSOE, nin o BNG, convidado de pedra, que non soubo xestionar o seu escano acadando mais competencias para Galicia. Chegou a hora de dar un paso ó fronte e avanzar con ideas que xorden do pobo e das súas queixas eternas. Dende UCIN, farémolo dende a nosa posición galeguista, traballamos para que as nosas ideas sexan froito da participación do pobo, que foi transmitindo durante estes últimos anos, queixas das promesas incumpridas dos políticos profesionais da mentira e do cambalache.

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment